Sada...

AXENDA

Sada

Esta é unha canle de participación dos veciños e veciñas de cada parroquia onde iremos incluíndo noticias, enlaces de interés , fotos , etc.

Se teñen algunha incidencia que trasladar ao departamento de Obras e Servizos relativas a alumeado público, camiños ou calquer outra que se produzcan na parroquia poden facelo a través do formulario de incidencias que atoparán na parte superior. 

Tamén pódense solicitar citas a través do formulario de Participación Cidadá, así como mandar suxerencias ou dar a súa opinión sobre calquer tema da parroquia. 




As Brañas de Sada declaradas Espazo Natural de Interese Local

As Brañas de Sada declaradas Espazo Natural de Interese Local

11/02/2020

O Alcalde de Sada, Benito Portela, expresou súa satisfacción con este anuncio que supón “a implantación de medidas activas que garanten a conservación e recuperación das Brañas, así como súa posta en valor como o factor sostible no desenvolvemento económico e social de Sada e agradece a todas as persoas, asociacións e entidades o traballo realizado nestes anos para que As Brañas acadase a declaración de ENIL”.

Sada programa actividades saudables nas parroquias

Sada programa actividades saudables nas parroquias

10/02/2020

A concellería de Promoción da Saúde, Cohesión Social e Voluntariado, programa actividades de Ioga, Zumba e Neuromotiva en todas as parroquias do municipio.

BASES REGULADORAS DA ACTIVIDADE ZUMBA NAS PARROQUIAS 

Andaina ata Santiago como protesta pola precariedade laboral do Centro de Saúde de Sada

Andaina ata Santiago como protesta pola precariedade laboral do Centro de Saúde de Sada

07/02/2020

-O concelleiro de Promoción da Saúde, Cohesión Social e Voluntariado, Breogán Blanco,  comezará hoxe unha andaina desde o centro de Saúde de Sada ata Santiago de Compostela como protesta pola precariedade da Atención Primaria no noso Concello e pola nula resposta da Concellería de Sanidade da Xunta de Galicia as demandas dos veciños e veciñas de Sada en canto á dotación de persoal ou á solicitude do traslado do Centro de Saúde ao centro urbano do Concello, proposta enviada hai cinco meses.

Sada convoca un concurso en Instagram de fotografía xuvenil do Entroido

Sada convoca un concurso en Instagram de fotografía xuvenil do Entroido

07/02/2020

A Concellería de Participación Social, Transparencia, Cooperación e Mocidade organiza un concurso fotográfico na rede social Instagram baixo o título #ENTROIDER, dentro das actividades do Entroido 2020 do Concello de Sada.

CONCURSO DISFRACES ENTROIDO 2020

CONCURSO DISFRACES ENTROIDO 2020

06/02/2020

A Concellería de Cultura organiza e programa un Concurso de Disfraces que se se celebrará o Martes de Entroido, 25 de febreiro, dentro da programación do Entroido en Sada 2020.

Bases de participación Concurso de Disfraces

Sada reitera a solicitude de inclusión de novas liñas de autobús dentro do Plan de Transporte Público

Sada reitera a solicitude de inclusión de novas liñas de autobús dentro do Plan de Transporte Público

30/01/2020

- O alcalde Benito Portela enviou esta mañá unha carta á Consellería de Infraestruturas e Movilidade, Ethel Vázquez, solicitando unha reunión da comisión de seguimiento do Plan de Transporte Metropolitano da Coruña para tratar o futuro das liñas que demanda o Concello de Sada  e outras necesarias na comarca.

AVISO DE CORTES NO SUBMINISTRO ELÉCTRICO EN SADA

AVISO DE CORTES NO SUBMINISTRO ELÉCTRICO EN SADA

30/01/2020

Co fin de efectuar traballos de mantemento da red eléctrica para poder atender nas mellores condicións as necesidades de subministro dá zona UDF Grupo Naturgy informa de que o vindeiro 3 de febreiro de 00:00 a 03:00 horas procederá a deixar fora de servizo unha serie de instalacións o que pode provocar interrupcións de subministro eléctrico en varias rúas do casco urbano de Sada.

Sada non concede  autorización para a instalación dun espectáculo privado anunciado para este domingo no Pavillón Municipal

Sada non concede autorización para a instalación dun espectáculo privado anunciado para este domingo no Pavillón Municipal

30/01/2020

O informe realizado polos técnicos de urbanismo non autoriza a instalación dese tipo de espectáculos privados no Pavillón Deportivo municipal.

Sada, 30 xaneiro 2020