Meirás...

AXENDA

Meirás

Esta é unha canle de participación dos veciños e veciñas de cada parroquia onde incluiremos novas, enlaces de interese, fotos, etc.

Se teñen algunha incidencia que trasladar ao departamento de Obras e Servizos relativa a alumeado público, camiños ou calquera outra que se produza na parroquia, poden facelo a través do formulario de incidencias que encontrarán na parte superior. 

Tamén se poden solicitar citas a través do formulario de Participación Cidadá, así como mandar suxestións ou expresar a súa opinión sobre calquera tema da parroquia. 


Roteiros Saudables nas parroquias de Sada

Roteiros Saudables nas parroquias de Sada

05/03/2020

A concellería de Promoción da Saúde, Cohesión Social e Voluntariado organiza os Roteiros Saudables, co obxecto de dotar aos veciños e veciñas dunha actividade amena, instrutiva e áxil para motivar e mellorar a vida e os coñecementos sobre o noso Concello.

Sada lanza unha campaña contra os vertedoiros incontrolados

Sada lanza unha campaña contra os vertedoiros incontrolados

26/02/2020

-O Concello de Sada fai un chamamento a realizar un uso axeitado do servizo de recollida do lixo, a realizar o separativo e depositalo nos colectores correspondentes nas horas axeitadas.

-O Concello procederá ao reforzo da vixilancia e á imposición de sancións daqueles comportamentos que atenten contra a contorna natural  e solicita a colaboración cidadá para denunciar este tipo de actitudes que repercuten en toda a veciñanza e danan de maneira indiscutible a imaxe do municipio.

Xornada de Difusión e Divulgación sobre a Sede Electrónica-Concello de Sada

Xornada de Difusión e Divulgación sobre a Sede Electrónica-Concello de Sada

26/02/2020

Curso para aprender a realizar tramitacións electrónicas na administración dixital a través da SEDE ELECTRONICA do Concello as 24 horas do día.

Inscrición en liña

Sada programa actividades saudables nas parroquias

Sada programa actividades saudables nas parroquias

10/02/2020

A concellería de Promoción da Saúde, Cohesión Social e Voluntariado, programa actividades de Ioga, Zumba e Neuromotiva en todas as parroquias do municipio.

BASES REGULADORAS DA ACTIVIDADE ZUMBA NAS PARROQUIAS 

A XUNTA NON INCLÚE AS APORTACIÓNS DE SADA AO PLAN DE TRANSPORTE

A XUNTA NON INCLÚE AS APORTACIÓNS DE SADA AO PLAN DE TRANSPORTE

25/01/2020

O Alcalde de Sada, Benito Portela, reclama que de xeito inmediato se  leve a cabo unha interlocucion e negociacion a nivel metropolitano entre a Xunta e os concellos da Comarca de A Coruña para  consensuar e definir,as liñas, as frecuencias e o xeito de implantar o proxecto de explotación.

SADA ADXUDICA A MELLORA DE CAMIÑOS EN MEIRÁS Y OSEDO

SADA ADXUDICA A MELLORA DE CAMIÑOS EN MEIRÁS Y OSEDO

13/01/2020

O Concello de Sada ven de adxudicar o proxecto MELLORA DOS PAVEMENTOS DOS CAMIÑOS DE PEROUTEIRO á empresa CANARGA, S.L. por un importe de 34.900 euros con cargo ao Plan marco da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader). A  das obras previstas levaránse a cabo nos camiños de titularidade municipal de Vilar e un corto treito do Camiño da Condesa en Castelo, parroquias de Meirás y Osedo respectivamente.

Sada proxecta unha intervención no seu patrimonio etnográfico da auga

Sada proxecta unha intervención no seu patrimonio etnográfico da auga

10/01/2020

Sada proxecta recuperar este ano a súa arquitectura da auga, elementos vinculados á cultura tradicional e a un pasado recente onde fontes e lavadoiros eran elementos imprescindibles na forma de vida. Para preservar ese patrimonio etnográfico, o Concello inclúe no plan POS da Deputación deste exercicio un proxecto de mantemento de fontes e lavadoiros, tras estudar o estado de 21 elementos e chegar á conclusión de que a maioría deles presentan as mesmas necesidades, maiormente limpeza e reparacións.