Carnoedo...

AXENDA

Carnoedo

Esta é unha canle de participación dos veciños e veciñas de cada parroquia onde incluiremos novas, enlaces de interese, fotos, etc.

Se teñen algunha incidencia que trasladar ao departamento de Obras e Servizos relativas a alumeado público, camiños ou calquera outra que se produzan na parroquia poden facelo a través do formulario de incidencias que atoparán na parte superior.

Tamén se poden solicitar citas a través do formulario de Participación Cidadá, así como mandar suxestións ou expresar a súa opinión sobre calquera tema da parroquia. 


Sorteo público dos membros da Mesas Electorais  - Eleccións Parlamento de Galicia 5 abril 2020.

Sorteo público dos membros da Mesas Electorais - Eleccións Parlamento de Galicia 5 abril 2020.

07/03/2020

O Concello de Sada ven de convocar a sesión da Xunta de Goberno Local para realizar o sorteo público dos membros da Mesas Electorais para as Eleccións ao Parlamento de Galicia do 5 de abril do 2020. 

Roteiros Saudables nas parroquias de Sada

Roteiros Saudables nas parroquias de Sada

05/03/2020

A concellería de Promoción da Saúde, Cohesión Social e Voluntariado organiza os Roteiros Saudables, co obxecto de dotar aos veciños e veciñas dunha actividade amena, instrutiva e áxil para motivar e mellorar a vida e os coñecementos sobre o noso Concello.

Sada lanza unha campaña contra os vertedoiros incontrolados

Sada lanza unha campaña contra os vertedoiros incontrolados

26/02/2020

-O Concello de Sada fai un chamamento a realizar un uso axeitado do servizo de recollida do lixo, a realizar o separativo e depositalo nos colectores correspondentes nas horas axeitadas.

-O Concello procederá ao reforzo da vixilancia e á imposición de sancións daqueles comportamentos que atenten contra a contorna natural  e solicita a colaboración cidadá para denunciar este tipo de actitudes que repercuten en toda a veciñanza e danan de maneira indiscutible a imaxe do municipio.

Xornada de Difusión e Divulgación sobre a Sede Electrónica-Concello de Sada

Xornada de Difusión e Divulgación sobre a Sede Electrónica-Concello de Sada

26/02/2020

Curso para aprender a realizar tramitacións electrónicas na administración dixital a través da SEDE ELECTRONICA do Concello as 24 horas do día.

Inscrición en liña

Sada programa actividades saudables nas parroquias

Sada programa actividades saudables nas parroquias

10/02/2020

A concellería de Promoción da Saúde, Cohesión Social e Voluntariado, programa actividades de Ioga, Zumba e Neuromotiva en todas as parroquias do municipio.

BASES REGULADORAS DA ACTIVIDADE ZUMBA NAS PARROQUIAS 

CONVOCATORIA DE AXUDAS A ESCOLARIZACIÓN PARA O CURSO 2019-2020.

CONVOCATORIA DE AXUDAS A ESCOLARIZACIÓN PARA O CURSO 2019-2020.

23/01/2020

PUBLICADA A LISTAXE PROVISIONAL DE AXUDAS Á ESCOLARIZACIÓN

Estas normas teñen por obxecto establecer os criterios e procedementos de concesión de axudas para a afrontar os gastos orixinados polo comezo do curso escolar, constituíndo unha acción de fomento. A concesión das subvencións previstas nas presentes bases tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.

Sada proxecta unha intervención no seu patrimonio etnográfico da auga

Sada proxecta unha intervención no seu patrimonio etnográfico da auga

10/01/2020

Sada proxecta recuperar este ano a súa arquitectura da auga, elementos vinculados á cultura tradicional e a un pasado recente onde fontes e lavadoiros eran elementos imprescindibles na forma de vida. Para preservar ese patrimonio etnográfico, o Concello inclúe no plan POS da Deputación deste exercicio un proxecto de mantemento de fontes e lavadoiros, tras estudar o estado de 21 elementos e chegar á conclusión de que a maioría deles presentan as mesmas necesidades, maiormente limpeza e reparacións.

Convocatoria Subvencións a Entidades Deportivas e Deportistas

Convocatoria Subvencións a Entidades Deportivas e Deportistas

10/01/2020

O Concello de Sada, a través da concellería de Deportes, convoca as axudas a entidades deportivas e as axudas para deportistas correspondnetes ao ano 2019.

IMPORTANTE: O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS COMEZA AO DÍA SEGUINTE DA PUBLICACIÓN DO EXTRACTO NO BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA.