Novas...

AXENDA

Novas


Andaina ata Santiago como protesta pola precariedade laboral do Centro de Saúde de Sada

Andaina ata Santiago como protesta pola precariedade laboral do Centro de Saúde de Sada

07/02/2020

-O concelleiro de Promoción da Saúde, Cohesión Social e Voluntariado, Breogán Blanco,  comezará hoxe unha andaina desde o centro de Saúde de Sada ata Santiago de Compostela como protesta pola precariedade da Atención Primaria no noso Concello e pola nula resposta da Concellería de Sanidade da Xunta de Galicia as demandas dos veciños e veciñas de Sada en canto á dotación de persoal ou á solicitude do traslado do Centro de Saúde ao centro urbano do Concello, proposta enviada hai cinco meses.

CONVOCATORIA DE BOLSAS DE EMPREGO CON CARÁCTER INTERINO PARA POSTOS DE FUNCIONARIOS DE BIBLIOTECARIO/A

CONVOCATORIA DE BOLSAS DE EMPREGO CON CARÁCTER INTERINO PARA POSTOS DE FUNCIONARIOS DE BIBLIOTECARIO/A

07/02/2020

Formación dunha bolsa de emprego de interinos para cubrir prazas vacantes de persoal funcionario ou calquera das situacións contempladas no art. 10 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, así coma para substitucións por vacacións ou permisos do persoal funcionario bibliotecario/a.

CONVOCATORIA DE BOLSA DE EMPREGO PARA POSTOS DE AUXILIAR DE BIBLIOTECA

CONVOCATORIA DE BOLSA DE EMPREGO PARA POSTOS DE AUXILIAR DE BIBLIOTECA

07/02/2020

Proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego de interinos para cubrir prazas vacantes de persoal funcionario ou calquera das situacións contempladas no artigo 1 do Real Decreto 2720/1998, do 18 de decembro, polo que se desenvolve o artigo 15 do Estatuto dos Traballadores en materia de contratos de duración determinada e no artigo 10 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, así coma para substitucións por vacacións ou permisos do persoal coa categoría de auxiliar de biblioteca.

Sada convoca un concurso en Instagram de fotografía xuvenil do Entroido

Sada convoca un concurso en Instagram de fotografía xuvenil do Entroido

07/02/2020

A Concellería de Participación Social, Transparencia, Cooperación e Mocidade organiza un concurso fotográfico na rede social Instagram baixo o título #ENTROIDER, dentro das actividades do Entroido 2020 do Concello de Sada.

CONVOCATORIA BOLSA DE EMPREGO PARA FUNCIONARIOS DA ESCALA DE ADMINISTRACIÓN XERAL

CONVOCATORIA BOLSA DE EMPREGO PARA FUNCIONARIOS DA ESCALA DE ADMINISTRACIÓN XERAL

05/02/2020

Procedemento para a realización de bolsas de emprego de interinos para cubrir prazas vacantes de persoal funcionario e/ou laboral, ou calquera das situacións contempladas no art. 10 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público (TREBEP) e do art. 1 do Real Decreto 2720/1998, do 18 de decembro, polo que se desenvolve o artigo 15 do Estatuto dos Traballadores en materia de contratos de duración determinada, así coma para substitucións por vacacións ou permisos do persoal.

V ENTROIDO DE TAPAS DE SADA

V ENTROIDO DE TAPAS DE SADA

03/02/2020

A Concellería de Promoción Económica, Turismo e Emprego xunto co sector hostelero organiza os vindeiros 21,22 e 23 de febreiro a V edición do concurso Entroido de Tapas co obxetivo de promocionar e potenciar a hostelería, restauración e o turismo no municipio a través da creatividade da oferta vinculada a gastronomía do Entroido galego. 

Sada reitera a solicitude de inclusión de novas liñas de autobús dentro do Plan de Transporte Público

Sada reitera a solicitude de inclusión de novas liñas de autobús dentro do Plan de Transporte Público

30/01/2020

- O alcalde Benito Portela enviou esta mañá unha carta á Consellería de Infraestruturas e Movilidade, Ethel Vázquez, solicitando unha reunión da comisión de seguimiento do Plan de Transporte Metropolitano da Coruña para tratar o futuro das liñas que demanda o Concello de Sada  e outras necesarias na comarca.

AVISO DE CORTES NO SUBMINISTRO ELÉCTRICO EN SADA

AVISO DE CORTES NO SUBMINISTRO ELÉCTRICO EN SADA

30/01/2020

Co fin de efectuar traballos de mantemento da red eléctrica para poder atender nas mellores condicións as necesidades de subministro dá zona UDF Grupo Naturgy informa de que o vindeiro 3 de febreiro de 00:00 a 03:00 horas procederá a deixar fora de servizo unha serie de instalacións o que pode provocar interrupcións de subministro eléctrico en varias rúas do casco urbano de Sada.