AS VIRXES SALVAXES
14/03/2021 - 14/03/2021
Descrición do Evento
Un espectáculo de Teatro do Noroeste escrito e dirixido por Eduardo Alonso
Domingo 14 de marzo ás 20:00 horas na Casa da Cultura Pintor Lloréns
Entrada de balde previa reserva de butaca.
Obrigatorio uso de máscara. Aforo limitado
Non sempre foi así. Nas culturas rurais, os maiores tiveron sempre unha función, unha ocupación que daba sentido as súas vidas até o final. Máis chegaron as présas e os apuros da cultura urbana e nela, os maiores non teñen cabida, son un estorbo, e preciso desfacerse deles amoreándoos en institucións concibidas para iso.
Nunha destas institucións, varias internas realizan, mesmo sen sabelo nin pretendelo, a súa propia revolución.
Aproveitando a entrada dunha nova interna que é levada alí pola súa filla que non pode atendela, varias internas comezan a cuestionar a institución non deixando nada en pe. A modo de metáfora da propia sociedade, as xentes de ben revélanse contra as imposicións absurdas e desmedidas. O caos que xeran pon a realidade contra as súas propias contradicións, creando situacións tremendamente divertidas. A comedia como factor de crítica ante unha realidade que cada vez se amosa máis pechada en si mesma.
De algún xeito, este espectáculo é unha homenaxe, se cadra un algo irreverente, aos nosos maiores máis revoltosos.
Casa da Cultura Pintor LLoréns