Breogán Blanco Gónzalez
Concelleiro de Promoción da Saúde, Cohesión Social e Voluntariado
A promoción da saúde considérase fundamental e imprescindible nos nosos veciños para alongar o seu “camiño” e facelo dunha maneira activa. Deste camiño debemos fortalecer as súas bases co desenvolvemento dun plan que promulgue un método de vida saudable para todos e todas. Un plan na búsqueda dun exemplo, dunha dirección a seguir nese longo percorrido.
Traballaremos pola transversalidade, que percorra o noso municipio por completo, para dotar a tódolos nosos veciños das mesmas oportunidades e actividades, coa finalidade de dotar dun proxecto global e común a todos.
Do mesmo xeito, impulsaremos unha área esquecida na sociedade hoxe en día, pero que resulta imprescindible nese camiño que comezamos xuntos: o voluntariado. Necesitamos dotar ao noso pobo, independentemente da súa idade, das facilidades para a integración neste corpo solidario. Propulsando que os nosos xóvenes disfruten das mesmas oportunidades para a súa experiencia laboral, cultural, social e sobre todo, vital. Ofrecendo proxectos para o seu desenvolvemento persoal.