Participación Cidadá, Transparencia,...

Participación Cidadá, Transparencia, Cooperación, Mocidade e Novas Tecnoloxías

Rebeca Mouriño Neira

Concelleira de Participación Cidadá, Transparencia, Cooperación, Mocidade e Novas tecnoloxías - CONTACTO

Dende esta Concellería temos como obxetivo achegarnos ao veciñas e veciños e impulsar o desenvolvemento local e a democracia pariticipativa. A participaación cidadá é un dereito a ser escoitado e a intervir nas decisións municipais.

É necesario manter e promover as relacions coas asociacions de veciños recollendo as suas propostas e inquedanzas e traballamos para que asi sea.

Asemade a xuventude é un eixe fundamental na participación, atravesan  un periodo de diferentes formas de sociabilidade e é nosa labor ofrecerlles a posibilidade de realizar actividades do seu interés e integrarlles no tecido social para formar aos cidadáns do futuro.


Sada entrega mascarillas para as nenas e nenos de 6 a 12 anos do muncipio

Sada entrega mascarillas para as nenas e nenos de 6 a 12 anos do muncipio

24/05/2020

-O Concello de Sada entregará na OMIX a partir do luns 25 de maio máscaras hixiénicas reutilizables homologadas con eficiencia de filtración bacteriana superior ao 98% e alta respirabilidade.

Sada felicita e agradece a labor do voluntariado

Sada felicita e agradece a labor do voluntariado

23/05/2020

“Quero agradecervos sincera e encarecidamente toda a colaboración e apoio durante este período, o cariño e o respecto con que tratabades ás nosas veciñas e trasladarvos a gratitude das súas familias”, indica a misiva que o alcalde Benito Portela enviou a todas as persoas que formaron parte do servizo de voluntariado de Sada.

Sada aproba axudas por importe de un millón de euros

Sada aproba axudas por importe de un millón de euros

20/05/2020

O Concello de Sada celebrou esta tarde un Pleno Telemático onde se aprobou destinar un millón de euros a adopción de medidas extraordinarias para minimizar a incidencia da crise sanitaria do coronavirus COVID-19 no tecido productivo local, e reducir o impacto social causado por esta pandemia.

CITA PREVIA NO CONCELLO DE SADA

CITA PREVIA NO CONCELLO DE SADA

15/05/2020

Todas as persoas que necesiten realizar algún trámite no Concello de Sada poderán solicitar cita previa a través da sede electrónica municipal

FORMULARIO CITA PREVIA 

DÍA DO LIBRO 2020 CON ACTIVIDADES EN SADA

DÍA DO LIBRO 2020 CON ACTIVIDADES EN SADA

20/04/2020

Desde o concello de Sada queremos animarvos a participar na dinamización do Día do Libro. Para isto propoñémosvos as seguintes actividades

@salto@

INFORMACION ACTUALIZADA CORONAVIRUS

INFORMACION ACTUALIZADA CORONAVIRUS

13/04/2020

Medidas do Concello de Sada

Publicacións Organismos Públicos

O VOLUNTARIADO DE SADA ATENDE AOS MAIORES DO MUNICIPIO

O VOLUNTARIADO DE SADA ATENDE AOS MAIORES DO MUNICIPIO

10/04/2020

-O goberno municipal agradece,  e moito,  a tantos homes e mulleres que, empregando o seu tempo e medios fan unha labor desinteresada na procura do ben social.

- O Concello ven cubrindo as necesidades básicas de alimentación e medicación dos maiores de Sada que o necesitan e desde hai uns días, a través do voluntariado, ofrécese un servizo de seguemento e atención telefónica para loitar ca soidade que provoca o confinamiento nas persoas que viven soas.

Sada establece horarios para as festas dos balcóns

Sada establece horarios para as festas dos balcóns

06/04/2020

-O goberno municipal entende que esta actitude positiva ante o confinamento reflexada nas últimas semanas con diferentes festas nos balcóns ten que ser regulada para garantir o descanso da veciñanza entre as que se atopan persoas enfermas, traballadores por turnos e veciños e veciñas en xeral.