Avisos...

AXENDA

Avisos


Sada aproba axudas por importe de un millón de euros

Sada aproba axudas por importe de un millón de euros

20/05/2020

O Concello de Sada celebrou esta tarde un Pleno Telemático onde se aprobou destinar un millón de euros a adopción de medidas extraordinarias para minimizar a incidencia da crise sanitaria do coronavirus COVID-19 no tecido productivo local, e reducir o impacto social causado por esta pandemia.

CITA PREVIA NO CONCELLO DE SADA

CITA PREVIA NO CONCELLO DE SADA

15/05/2020

Todas as persoas que necesiten realizar algún trámite no Concello de Sada poderán solicitar cita previa a través da sede electrónica municipal

FORMULARIO CITA PREVIA 

Sada lanza unha campaña de apoio ao comercio local

Sada lanza unha campaña de apoio ao comercio local

12/05/2020

En pleno inicio da fase 1 da desescalada, a asociación Sada Comercio e a Concellaría de Promoción Económica, Turismo e Emprego de Sada preparan unha serie de microcampañas para potenciar "un dos sectores económicos máis afectados nesta crise sanitaria", sinala o Concello. Ademais de formacións, asistencia ao emprego, entre as principais actuacións están a editarse diversos vídeos promocionais para destacar a preparación en materia de seguridade do pequeno comercio. A concelleira, Laura Rodríguez, agradece a participación e colaboración dos 20 establecementos participantes e indica que está previsto lanzar a campaña nas redes sociais do Concello.

Sada reactiva o Feirón

Sada reactiva o Feirón

08/05/2020

O sábado 9 de maio regresa o Feirón a Sada, entre a Praza de San Roque e a rúa Linares Rivas, no seu horario de tarde con postos de productos agroalimentarios  (productos de campo, ovos, queixos, panadería ou fruta).

CONVOCATORIA BOLSA DE EMPREGO INTERINOS TRABALLADOR/A SOCIAL

CONVOCATORIA BOLSA DE EMPREGO INTERINOS TRABALLADOR/A SOCIAL

08/05/2020

O obxecto das presentes bases é o de regular o procedemento de selección para a creación dunha bolsa de emprego para o nomeamento de persoal funcionario interino, correspondente a prazas de traballador/a social, integradas na Escala de Administración Especial, Subescala Técnica, clase Técnicos medios, pertencente ao grupo de clasificación A subgrupo A2 de funcionarios, e sempre e cando se requira unha cobertura áxil ou urxente para atender ás demandas de persoal.

Letras Galegas en Sada lembrando a Carvalho Calero

Letras Galegas en Sada lembrando a Carvalho Calero

06/05/2020

A Concellaría de Normalización convoca unha actividade virtual para conmemorar o Día das Letras Galegas.

Vaise achegando o Día Das Letras Galegas e, aínda que este ano haxa que adiar moitos actos dende a Concellaría de Normalización propoñemos celebralo de forma virtual.

Sada envía máscaras a todas as vivendas do municipio.

Sada envía máscaras a todas as vivendas do municipio.

05/05/2020

"O Concello de Sada quere garantir que todas as persoas dispoñan de máscaras para empregar en caso de necesidade". Así comeza a carta que se enviou desde o consistorio sadense a todos os domicilios do municipio do padrón  e onde remiten máscaras para os que habitan en cada casa, en base aos datos que existen no padrón. «Felicitamos a todas as veciñas e veciños polo comportamento exemplar que están a demostrar nestes momentos difíciles», apunta ademais o documento.

DÍA DO LIBRO 2020 CON ACTIVIDADES EN SADA

DÍA DO LIBRO 2020 CON ACTIVIDADES EN SADA

20/04/2020

Desde o concello de Sada queremos animarvos a participar na dinamización do Día do Libro. Para isto propoñémosvos as seguintes actividades

@salto@