Avisos...

AXENDA

Avisos


Sada programa Pilates en todas as parroquias do municipio

Sada programa Pilates en todas as parroquias do municipio

09/10/2019

O Concello de Sada a través da oncellería de Promoción da Saúde, Cohesión Social e Voluntariado, programa en todas as parroquias do municipio a actividade de Pilates para dotar as persoas dunha actividade fundamental á hora de rehabilitar, motivar e mellorar a vida.

O programa Ler Conta Moito da Biblioteca Municipal programa "Feminino Plural"

O programa Ler Conta Moito da Biblioteca Municipal programa "Feminino Plural"

09/10/2019

O programa "Ler Conta Moito" da Biblioteca Municipal Ramón Suárez  Picallo programa para este venres 11 de outubro "Feminino Plural" con Silvia Penide e Carla López.

A actividade que terá lugar a partir das 19:00 horas é unha aposta por achegar o universo das mulleres autoras (de libros e de cancións) ata o público. Penide e Carla mostrarán cancións de Amaral, Guadi Gallego, Julieta Venegas, Patti Smith e escotaranse texto de Lucía Aldao entre outras autoras

Actividades para maiores de 55 anos curso 2019-20105

Actividades para maiores de 55 anos curso 2019-20105

08/10/2019

O Concello de Sada abre a participación nas actividades sociais dirixidas as persoas maiores de 55 anos, promovidas pola Concellería de Benestar Social e Igualdade, que teñen como finalidade contribuir a un envellecemento saudable e fomentar a autonomía persoal, promove-la participación e integración social das persoas, e previr situación de risco de exclusión social. Para elo desenvolvénse actividades Reforzo da Memoria, Ximnasia Terapeutica, Tai-chi, Ioga, Pintura e Restauración, orientadas ao fomento da calidade de vida e autonomía persoal, ao fomento da creatividade e expresión artística e a participación social.

Aberto o prazo de matrícula na escola infantil Galiña Azul para o vindeiro curso 2019/20

Aberto o prazo de matrícula na escola infantil Galiña Azul para o vindeiro curso 2019/20

08/10/2019

08/10/2019 - Listado definitivo Galiña Azul Sada

08/10/2019 - RESOLUCIÓN DA XERENCIA DO CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR POLA QUE SE FAN PÚBLICAS AS LISTAS DEFINITIVAS DE PERSOAS ADMITIDAS, DE AGARDA E EXCLUÍDAS DO PROCEDEMENTO EXTRAORDINARIO DE SETEMBRO NAS ESCOLAS INFANTÍS 0-3 DEPENDENTES DESTA ENTIDADE PARA O CURSO 2019/20

O 65% dos turistas que solicitaron información na Oficina de Turismo de Sada aloxáronse na localidade.

O 65% dos turistas que solicitaron información na Oficina de Turismo de Sada aloxáronse na localidade.

07/10/2019

-A oficina de Turismo rexistrou un total de 3.989 consultas entre os meses de xuño e setembro deste ano.

Sada 4, outubro 2019.

Sada programa numerosas actividades para adultos

Sada programa numerosas actividades para adultos

03/10/2019

Desde as distintas concellerías do Concello de Sada organízanse as Actividades para Adultos para o curso 2019-2020. Actividades para Maiores de 55 anos-Envellecemento Activo, Actividades formativas para adultos, Escola Municipal de Teatro e Sendereando no Camiño.

SendereAndo no Camiño por Caldas de Reis

SendereAndo no Camiño por Caldas de Reis

01/10/2019

A concellería de Mocidade organiza un novo roteiro do SedereAndo no Camiño o vindeiro domingo 6 de outubro por Caldas de Reis.

LISTAXE SOLICITANTES CON PRAZA SENDEREANDO CALDAS DE REIS