Avisos...

Avisos


Convocatoria de postos de peóns en brigada de prevención de incendios

Convocatoria de postos de peóns en brigada de prevención de incendios

21/08/2019

Por resolución da Alcaldía 1454/2019, de data 01/08/2019, modificada por resolución 1456/2019, de data 02/08/2019, aprobouse a convocatoria de selección un peçon-conductor e un peón, persoal laboral temporal, para a formación dunha Brigada de prevención e extinción de incendios forestais.

CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO DUN/HA TÉCNICO/A DE TURISMO 2019

CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO DUN/HA TÉCNICO/A DE TURISMO 2019

20/08/2019

Obxecto da convocatoria. As presentes bases rexerán a selección polo polo sistema de concurso-oposición, en quenda libre, dun (1) posto de técnica/o de turismo que prestará servizo no Concello de Sada, en réxime de contratación laboral temporal.

Sada solicita por 4ª vez entrevista co conselleiro de Sanidade para tratar o tema do cambio de ubicación do Centro de Saúde

Sada solicita por 4ª vez entrevista co conselleiro de Sanidade para tratar o tema do cambio de ubicación do Centro de Saúde

20/08/2019

O alcalde de Sada remitiu a pasada semana un escrito ao conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, onde se solicitaba entrevista persoal para tratar un asunto que é “obxetivo prioritario para o goberno de Sada”.

Sada demanda da Xunta de Galicia dialogo e acordos para evitar novas inundacións.

Sada demanda da Xunta de Galicia dialogo e acordos para evitar novas inundacións.

20/08/2019

O alcalde de Sada remitiu un escrito á Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Mª Vázquez Mourelle, informando da situación xerada polos ríos Maior e Fontoira ao seu paso polo centro Sada e solicitando unha solución definitiva na canle do río Maior logo da intervención do Concello de Sada no barrio de Cantalarrana realizando, con fondos propios e co apoio financeiro da Deputación da Coruña, unha serie de investimentos tales como a execución do separativo de pluviais e saneamento, a construción dun tanque de treboadas.

CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN DUN AXENTE DA TECNOLOXÍA DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN

CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN DUN AXENTE DA TECNOLOXÍA DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN

19/08/2019

Obxecto da convocatoria. A provisión polo sistema de concurso de méritos, en quenda libre dun (1) posto de Axente da tecnoloxía da Información e da comunicación para o Concello de Sada, para a súa contratación laboral temporal a tempo completo. A persoa seleccionada prestará servizos na aula CeMIT de Sada, aula de referencia pública de acceso ás novas tecnoloxías e integrada na Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica.

Sendereando no Camiño por Cee - Camiño Festerra-Muxía

Sendereando no Camiño por Cee - Camiño Festerra-Muxía

19/08/2019

A concelleria de Mocidade organiza unha nova saída do programa Sendereando no Camiño o vindeiro domingo 8 de setembro por Cee

Inscrición en liña

Festas máis sostibles acústicamente

Festas máis sostibles acústicamente

15/08/2019

A Concelleria de Cultura incorpora melloras de sostibilidade ambiental acústica nas Festas de Sada e informa que durante as Festas Patronais (do 15 ao 18 de agosto), as atraccións ubicadas na Praza Irmáns Suárez Picallo non emitirán música en horario de 18:00 a 19:00 para que as persoas con hiperacusia (sensibilidade auditiva) poidan gozar das mesmas.

Bando Informativo Milla de San Roque

Bando Informativo Milla de San Roque

14/08/2019

Con motivo da celebración o vindeiro domingo 18 de agosto da IX Milla de San Roque o alcalde de Sada ven de publicar un Bando Informativo indicando as recomendacións en materia de tráfico