Avisos...

Avisos


INSCRICIÓN PARA O SERVIZO DE COMEDOR DO CEIP SADA E CONTORNOS

INSCRICIÓN PARA O SERVIZO DE COMEDOR DO CEIP SADA E CONTORNOS

07/08/2020

Publícanse as listaxes de solicitudes de persoas admitidas e non admitidas no comedor escolar,  tendo estas últimas un prazo ate o venres 14 de agosto para entregar a documentación que lles falta e que se indica na listaxe. No caso contrario, non serán admitidos no comedor.

NOVAS MEDIDAS SANITARIAS EN SADA

NOVAS MEDIDAS SANITARIAS EN SADA

07/08/2020

O Concello de Sada suspende todas as actividades públicas e privadas no municipio de Sada nos vindeiros cinco días, incluidos o outlet Sada Comercio, o Feirón, o Cine de Verán, as actividades de Sada Móvese, e cantas actividades estivesen programadas, até que a Consellería de Sanidade remita novamente as medidas a adoptar.

CONVOCATORIA BOLSA DE EMPREGO PARA FUNCIONARIOS DA ESCALA DE ADMINISTRACIÓN XERAL

CONVOCATORIA BOLSA DE EMPREGO PARA FUNCIONARIOS DA ESCALA DE ADMINISTRACIÓN XERAL

04/08/2020

Procedemento para a realización de bolsas de emprego de interinos para cubrir prazas vacantes de persoal funcionario e/ou laboral, ou calquera das situacións contempladas no art. 10 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público (TREBEP) e do art. 1 do Real Decreto 2720/1998, do 18 de decembro, polo que se desenvolve o artigo 15 do Estatuto dos Traballadores en materia de contratos de duración determinada, así coma para substitucións por vacacións ou permisos do persoal.

CURSO 2020-2021 ESCOLA INFANTIL FLORA RAMOS

CURSO 2020-2021 ESCOLA INFANTIL FLORA RAMOS

04/08/2020

PLAZO DE FORMALIZACIÓN: DO 6 AO 26 DE AGOSTO. AS FAMILIAS DEBERÁN SOLICITAR CITA PREVIA NO REXISTRO CHAMANDO AO 981620075 

IMPORTANTE: Haberá que pedir cita no teléfono do Concello (981620075) para proceder á formalización da solicitude. Desta maneira evitaremos aglomeracións na entrada do edificio. Horario solicitide de cita 10:00-13:00 horas

CONTRATACIÓN DE UN POSTO DE OFICIAL DE 2ª-ALBANEL (PEL CONCELLOS ANUALIDADE 2020)

CONTRATACIÓN DE UN POSTO DE OFICIAL DE 2ª-ALBANEL (PEL CONCELLOS ANUALIDADE 2020)

03/08/2020

A convocatoria prevé a cobertura polo sistema de concurso-oposición a través das presentes Bases específicas de 1 posto de oficial de 2ª-albanel en réxime de contratación laboral temporal. Estas bases regularán todo o non previsto polas Bases xerais para a selección de traballadores dentro do Programa de Integración Laboral mediante a execución de obras e servizos mínimos municipais da Deputación da Coruña (Pel Concellos anualidade 2020) , aprobadas por Resolución de Alcaldía de data 28 de maio de 2020

CONTRATACIÓN DE DOUS POSTOS DE PEÓN-CONDUTOR (PEL CONCELLOS ANUALIDADE 2020)

CONTRATACIÓN DE DOUS POSTOS DE PEÓN-CONDUTOR (PEL CONCELLOS ANUALIDADE 2020)

03/08/2020

A convocatoria prevé a cobertura polo sistema de concurso-oposición a través das presentes Bases específicas de 2 postos de péon-condutor en réxime de contratación laboral temporal.

CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE UN POSTO DE PINTOR (PEL CONCELLOS ANUALIDADE 2020)

CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE UN POSTO DE PINTOR (PEL CONCELLOS ANUALIDADE 2020)

03/08/2020

A convocatoria prevé a cobertura polo sistema de concurso-oposición a través das presentes Bases específicas de 1 posto de pintor en réxime de contratación laboral temporal.

Sada amplía a duración do servizo para á solicitude do IMV

Sada amplía a duración do servizo para á solicitude do IMV

03/08/2020

Sada amplía a duración do servizo para á solicitude do Ingreso Mínimo Vital e do Programa de Axudas ao Alugueiro debido a demanda cidadá

Ata finais de xullo, o servizo acompañou a tramitación de 140 solicitudes para as dúas axudas contempladas, atendéndose máis de 150 chamadas, tanto para solicitude de información como para a concertación da cita presencial.