Actualidade

Filtrar

O alcalde de Sada reactiva o proxecto do río Maior mantendo unha xuntanza coa Directora Xeral de Augas de Galicia e solicitando unha entrevista coa Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade para tratar este asunto estratéxico para a vila sadense.

O alcalde de Sada reactiva o proxecto do río Maior mantendo unha xuntanza coa Directora Xeral de Augas de Galicia e solicitando unha entrevista coa Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade para tratar este asunto estratéxico para a vila sadense.

Na xuntanza, solicitada ao día seguinte de acceder ao cargo e mantida no día de onte coa directora do ente autonómico, Portela interesouse polo estado actual no que se atopa a redacción do proxecto constatando unha total inacción nos derradeiros sete meses por parte do anterior goberno municipal. Á reunión asistiron tamén o Concelleiro de Obras e Servizos e Medio Ambiente e o arquitecto municipal quen, despois de analizar o documento solicitado polo concello e facilitado a este hai uns días, acudía cunha serie de suxestións ao proxecto que serán analizadas polos técnicos nunha xuntanza a celebrar mañá xoves. A dimensión adquirida polo proxecto, que, amais de minorar enormemente o risco de inundación, procura a re-naturalización do último tramo dos ríos Maior e Fontoira e a transformación do centro de Sada, eleva o investimento a máis de seis millóns de euros e fai que sexa precisa unha reformulación do financiamento do mesmo.


12 / XUL / 2023

COMPARTIR EN:
PROCESO SELECTIVO BOLSA EMPREGO PARA POSTOS SOCORRISTAS 2023

PROCESO SELECTIVO BOLSA EMPREGO PARA POSTOS SOCORRISTAS 2023

A Alcaldía do Concello de Sada mediante Decreto núm. 1303/2023, do 6 de xullo,aprobou a convocatoria de proceso selectivo para unha cuarta ampliación da bolsa de emprego, para postos de socorrista para espazos acuáticos naturais, a partir do posto 9º en adiante da orde de prelación. Para a tramitación do proceso selectivo aplicaranse ás bases específicas aprobadas polo Decreto da Alcaldía núm.519/2022, do 20 de abril (BOP núm.78, 26-4-2022) agás no relativo ao prazo de presentación de instancias dende a publicación do anuncio da convocatoria no BOP e da susceptible emenda das mesmas, que se reduce en ambos supostos a 3 días hábiles como así dispón o decreto de corrección núm 1306/2023 do 6 de xullo.


12 / XUL / 2023

COMPARTIR EN:
Convocatoria de tercera ampliación bolsa de emprego Socorristas PS-2023

Convocatoria de tercera ampliación bolsa de emprego Socorristas PS-2023

A Alcaldía do Concello de Sada mediante Decreto núm. 1003/2023, do 25 de maio, aprobou a convocatoria de proceso selectivo para unha terceira ampliación da bolsa de emprego, para postos de socorrista para espazos acuáticos naturais, a partir do posto 7º en adiante da orde de prelación.


06 / XUL / 2023

COMPARTIR EN:
Sada abre o sábado 1 de xullo á Pía do Loureiro, a piscina das Cerámicas do Castro

Sada abre o sábado 1 de xullo á Pía do Loureiro, a piscina das Cerámicas do Castro

A instalación abrirá todos os días en horario de 12.00 a 20.00 nos meses de xullo, agosto e os quince primeiros días de setembro. O alcalde Benito Portela asinou o pasado ano un convenio co grupo Sargadelos para a utilización da piscina nos veráns de 2022 e 2023.


29 / XUN / 2023

COMPARTIR EN:
Sada acolle  a partir deste sábado duas exposicións con temática mariña como antesala do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia

Sada acolle a partir deste sábado duas exposicións con temática mariña como antesala do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia

A mostra de pintura, de artistas de ARGA, estará na Sala da Cultura ‘Pintor Lloréns’ e a de fotografía, de Eduardo Rivo, na Sociedade Recreativa, Cultural e Deportiva, e ambas poderán visitarse de luns a venres polas mañás


29 / XUN / 2023

COMPARTIR EN:
Corrección de Bases xerais convocatorias dos procesos de estabilización e bases específicas de concurso oposición

Corrección de Bases xerais convocatorias dos procesos de estabilización e bases específicas de concurso oposición

Por resolución de alcaldía 2107/2022, do 27 de decembro, aprobáronse as bases xerais e as bases específicadas dos procesos de estabilización do Concello de Sada. O 02.01.2023, mediante resolución de alcaldía núm. 8/2023 procedeuse á corrección de erros da resolución núm. 2017 do 27.2022, de aprobación de Bases xerais convocatorias dos procesos de estabilización e nas bases específicas de concurso oposición


21 / XUN / 2023

COMPARTIR EN:
SADA IMAXE DO SAN XOÁN GALEGO NA ORIXINAL CAMPAÑA DE ACEITES ABRIL

SADA IMAXE DO SAN XOÁN GALEGO NA ORIXINAL CAMPAÑA DE ACEITES ABRIL

A empresa ourensá alíase cos veciños de Sada e inicia unha campaña para pór en valor una das tradicións culinarias máis arraigadas en Galicia.


21 / XUN / 2023

COMPARTIR EN:
O alcalde de Sada solicita entrevista persoal coa Directora Xeral de Augas de Galicia para retomar o proxecto do río Maior.

O alcalde de Sada solicita entrevista persoal coa Directora Xeral de Augas de Galicia para retomar o proxecto do río Maior.

“A miña intención é reiniciar, o máis axiña posible, este asunto de vital importancia para o noso pobo e, deste xeito, avanzarmos nun proxecto pioneiro en Galicia e, sen dúbida, transformador para a nosa vila” subliña Benito Portela na misiva enviada onte.


20 / XUN / 2023

COMPARTIR EN:
SAN XOAN 2023

SAN XOAN 2023

Na noite do 23 de xuño autorízase a realizar lumaradas en espazos de titularidade pública no Concello de Sada. Para isto, será preciso que as persoas interesadas presenten unha comunicación por escrito a través do rexistro xeral antes do día 22 de xuño ás 14:00 horas. Así mesmo será de obrigado cumprimento a notificación daquelas cacharelas a realizar en casas/fincas particulares ou espazos privados do municipio.


19 / XUN / 2023

COMPARTIR EN:
Selección polo sistema de concurso-oposición de traballadores dentro do programa de integración laboral (PEL CONCELLOS 2023)

Selección polo sistema de concurso-oposición de traballadores dentro do programa de integración laboral (PEL CONCELLOS 2023)

Procedemento para a selección de traballadores desempregados, para a súa contratación en réxime laboral temporal, ao abeiro da subvención concedida ao Concello de Sada pola Deputación da Coruña, publicada no BOP núm.57, do 23-3-2023 consonte ás bases do programa Pel-Concellos 2023 de axudas á contratación de persoal para a execución de obras e servizos municipais nos concellos da provincia (BOP núm. 13, do 19-1-2023).


24 / MAI / 2023

COMPARTIR EN:
PROCESO SELECTIVO PROGRAMA DE EMPREGO APROL POSTOS DE PEÓN FORESTAL

PROCESO SELECTIVO PROGRAMA DE EMPREGO APROL POSTOS DE PEÓN FORESTAL

Selección de traballadores desempregados, para a súa contratación en réxime laboral temporal, ao abeiro da subvención concedida ao Concello de Sada pola Xunta de Galicia, publicada no DOG num. 22 do 1-2-2023 consonte e subvencións para o fomento do emprego no medio rural (Aprol Rural) e se procede á súa convocatoria para o exercicio do ano 2023


23 / MAI / 2023

COMPARTIR EN:
PISCINA MUNICIPAL - PAGO DE ABONOS

PISCINA MUNICIPAL - PAGO DE ABONOS

O Servizo Municipal de Deportes abre o prazo de pago dos abonos da piscina municipal. O pago realizarase a través da Oficina Virtual Tributaria do Concello de Sada. Ademáis no control de acceso á piscina informarase e axudarase ás personas que o necesiten na na realización do trámite.


09 / MAI / 2023

COMPARTIR EN: