A Concellería de Benestar Social e igualdade abre a partir do luns 20 de decembro as inscricións para as actividades maiores 55 anos de envellecemento activo.
INSCRICIÓNS
PRAZO DE INSCRICIÓN:
Do 20 de decembro de 2021 a 4 de xaneiro de 2022 (ambos inclusive) en horario de 9 a 14 h no Rexistro Xeral do Concello ou a través da sede electronica.
O modelo de solicitude poderá recollerse no rexistro xeral do Concello, en Servizos Sociais e AQUÍ
ACTIVIDADES QUE SE OFERTAN:
XIMNASIA TERAPEUTICA
Exercicio físico que se concreta nunha actividade lúdica e que persegue mellorar o estado xeral da persoa a nivel físico e emocional.
Día: MERCORES ás 11 h; ás 16 h e ás 18 h - VENRES ás 11 h.
Nº de prazas: 60. Catro grupos
Lugar: Local Social de Riobao
PINTURA
Obradoiro enfocado a persoas que se achegan por primeira vez ás artes plásticas, como a aquelas que xa te_en nocions básicas e queren ampliar os seus coñecementos.
Día: MARTES ás 16 h e ás 18 h
Nº de prazas: 30. Dous grupos
Lugar: Local social de Riobao
TALLER DE REFORZO DA MEMORIA
Taller dirixido a mellorar as habilidades perceptivas e atencionais, empregando estratexias de memoria que permitan compensar efectos de alteracions da memoria coa finalidade de manter hábitos e prácticas axeitadas para favorecer a saúde en xeral.
Día: MARTES ás 11 h, ás 16 h e ás 18h.
Nº de prazas: 45. Tres grupos
Lugar: Local Servizos Sociais (Avda. Laguna)
RESTAURACION
Obradoiro enfocado ás persoas que queren coñecer e traballar técnicas básicas de restauracion de mobles, reciclaxe e pintura decorativa.
Día: LUNS as 18 h
Nº de prazas: 15. Un grupo
Lugar: Local Social de Riobao
IOGA
Actividade dirixida a iniciación de exercicios de relaxación e respiración para conseguir un equilibrio do corpo e mente dende a conciencia do movimento.
Día: LUNS ás 16h. MARTES ás 11 h. XOVES ás 11 h.
Nº de prazas: 45. Tres grupos
Lugar: Local Social de Riobao.
TAI-CHI
Arte marcial dirixida a fortalecer aspectos físicos, mentais e emocionais.
Día: XOVES ás 16h. e 18 h. (NIVEL MEDIO) - VENRES ás 16 h. (INICIACIÓN e participantes que levan un ano na actividade)
Nº de prazas: 45. Tres grupos.
Lugar: Local Social de Riobao.