Dende o Concello repartiríanse entre os comerciantes un pack composto dunha gráfica da campaña, dun cartel informativo para colocar nun lugar visible do establecemento e folletos circulares, para distribuir entre os clientes ademais dunha carta explicativa coas bases da campaña.
Sada, 13 de maio do 2021
O Concello de Sada colabora coa Federación Galega de Comercio na nova edición da campaña Días Azuis do Comercio Galego e anima ao comercio local a participar na campaña que se desenvolverá entre os días 7 e 30 de xuño ao carón da Xunta de Galicia, ABANCA e as Federacións Provinciais, asociacións de comerciantes e centros comerciais abertos dos concello de toda Galicia.
A dinámica da campaña é mercar nos establecementos do comercio sadense e rexistrar a compra e a fotografía do ticket en www.diasazuis.com; ou ben que a rexistre o comerciante en www.diasazuis.com/comercios, duplicando deste xeito a participación do cliente no sorteo.
Dende o Concello repartiríanse entre os comerciantes un pack composto dunha gráfica da campaña, dun cartel informativo para colocar nun lugar visible do establecemento e folletos circulares, para distribuir entre os clientes ademais dunha carta explicativa coas bases da campaña.
Entre o 7 e o 30 de xuño de 2021, ambos engadidos, todas as compras que se rexistren entrarán nun sorteo ante notario (o 5 de xullo de 2021) de 12.000 euros en premios para os clientes. Os premios estarán repartidos en24 tarxetas prepago de 250 euros (6 por provincia) e 40 tarxetas prepago de 150 euros (10 por provincia).
A Concellería de Promoción queda a disposición dos e das comerciantes sadenses para calquera aclaración ou consulta ao respeto e informa que o prazo para participar nos “Días Azuis” remata o venres 21 de maio. Os interesados poden enviar un mail de adhesión a turismo@sada.gal.